O 'Galicia por diante' da RG, dende o Obradoiro
Publicado o 24/07/2019 12:17
A Radio Galega sacou esta mañá os seus estudios de San Marcos para celebrar a pé de rúa o Apóstolo. Máis ben, á pé de praza, a do Obradoiro. Un marco incomparable para o equipo do Galicia por diante, o programa matutino da radio pública galega. Unha emisión especial con contidos especiais, que comezou ás nove e rematou hai moi pouco, ás dúas.