CRTVG

Buscar

O galego Salvador Abalo xa pensa en volver á China tras superar a corentena

Publicado o 14/02/2020 15:31

Superada a corentena, o galego Salvador Abalo pasa o primeiro día fóra do illamento no Hospital Xeral da Defensa.  

"O primeiro foi abrazar a miña muller. Era o que estaba desexando nada máis saír".

Atrás quedaron 14 días de illamento. Ao cuarto, as análises desbotaran a presenza de coronavirus no grupo de repatriados. E daquela a convivencia entre eles xa era boa.

"Ao segundo día xuntámonos todos na sala de xogos, de reunións, e, de feito, agora creo que eramos unha familia xa os 19".

Unha familia que comparte as experiencias da corentena en España, da repatriación, e de varias horas de espera nun autobús antes de pasar o filtro para saír da China. Foi un dos peores momentos. 

"O momento de pasar o arco da temperatura no aeroporto, tamén... porque dicías ti... se agora dou unhas décimas non saio de aquí".

E agora xa pensa en volver aos adestramentos en Wuhan. Antes, este galego pasará polo seu Carril natal, que non esquece.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020