CRTVG

Buscar

O galego que participou no deseño do Memorial do 11-S: "É un orgullo enorme"

Publicado o 10/09/2021 21:37

Mañá fanse 20 anos dos atentados terroristas do 11-S. Coincidindo con este aniversario, en Nova York visitamos o arquitecto de ascendencia galega que participou no deseño do Memorial e Museo que rende homenaxe ás vítimas.

A imaxe é unha de tantas que quedaron gravadas na memoria colectiva. As torres xemelgas caían e un terceiro avión estrelaríase contra o Pentágono. O mundo seguía os sucesos pola televisión. Conmoción que daría paso aos ataques aéreos de EEUU en Afganistán, misión militar que rematou co recente regreso dos talibáns.

Vinte anos despois na cidade de Nova York, no novo World Trade Center a pegada permanece, pero a vida continúa. De ascendencia galega, o arquitecto e deseñador museográfico Jorge Martínez participou na construción do Memorial e Museo que homenaxea as vítimas.

Mentres Afganistán segue a poñer en alerta Occidente, Nova York prepárase para conmemorar os 20 anos do 11-S máis tráxico da historia recente.

Noticias web

10/09/2021