CRTVG

Buscar

O galego número un do MIR 2019 elixe Dermatoloxía no hospital La Paz

Publicado o 29/04/2019 14:10

É o momento da recompensa despois de anos de traballo e esforzo. Toca elixir destino. E é máis facil se es o número un, como é o caso de José Manuel Busto.

Busto, pontevedrés de Barro, estudou na Facultade de Medicina de Santiago. Agora fará a residencia no hospital La Paz en Madrid. Volver a Galicia é unha opción futura. Agora é momento para formarse.

Hoxe comezou a elección de prazas. Son preto de 6.800, 48 especialidades repartidas polos centros hospitarios de todas as comunidades.




 

Noticias web

29/04/2019

Máis sobre actualidade