CRTVG

Buscar

O galego José Manuel Busto, número 1 no MIR, quere formarse fóra de Galicia

Publicado o 15/03/2019 21:28

Máis de 15.000 titulados en Medicina presentáronse este ano ao examen MIR, nunha dura batalla por facerse cunha praza no sistema público de saúde. No conxunto do Estado hai aproximadamentre unha praza por cada catro aspirantes. Algúns entrarán, os máis deles quedarán fóra e está claro que os primeiros terán todas as posibilidades ao alcance da man. Pois ben, o número 1 do MIR en España chámase José Manuel Busto, é galego, de Barro, ten 25 anos e estivemos con el.

Din que aos lugares onde fomos felices non se debe volver. Pero José Manuel BUsto, este pontevedrés de Barro, volve hoxe á facultade de Medicina de Santiago, se cadra, un chisco máis feliz. Non é para menos, despois de seis anos estudando aquí volve sabedor de que é o número 1 do MIR de España, unha noticia que o colleu de viaxe no Xapón e que asume con moita humildade.

Actitude e ilusión non lle falta a este médico que comeza sendo moi consciente de que os coidados tamén na Sanidade son fundamentais. Por iso, aí deixa a súa primeira receita.

Busto xa pensa en que lugar vai formarse, con case total seguridade, será Madrid ou Barcelona. Con todo, non desbota volver porque aquí están os seus, con quen, por prescripción médica, quere aproivetar este tempo que lle queda antes de marchar.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019