CRTVG

Buscar

O galego Jorge Vázquez, novo director creativo de Pertegaz

Publicado o 21/11/2019 14:19

O deseñador galego Jorge Vázquez é o novo director creativo de Pertegaz, a mítica marca española que vestiu a raíña Sofía, Jacqueline Kennnedy ou Audrey Hepburn. A firma, que agora ten a súa sede en Boiro, elixiu a Jorge Vázquez para relanzar o legado do afamado modisto.

Jorge Vázquez leva case trinta anos creando moda. O deseñador de Betanzos ten a súa propia marca, e desde hoxe é ademais o director creativo de Pertegaz. Na próxima edición da Semana da Moda de Madrid presentará a primeira colección asinada por él por el para Jealfer, a empresa téxtil con sede en Boiro que quere relanzar a figura de Pertegaz, o modisto que vestiu a realeza española, actrices como Ava Garner e Audrey Hepburn e personalidades como a primeira dama estadounidense Jacquelin Kennedy.

Jorge Vázquez considera que Pertegaz, falecido en 2014, foi un dos mellores deseñadores de todos os tempos, e agarda recuperar o seu legado para adaptalo á muller actual.

O modisto gsúa alego debutou aos 18 anos no grupo Inditex, traballou con Loewe e Antonio Pernas, entre outros, e presentou a propia colección na Pasarela da Moda de Madrid no ano 2002.

Noticias web

21/11/2019