CRTVG

Buscar

A Revista

O galego Fernando Tato publica novo disco baixo o título 'Aún más animal en mi'

Publicado o 21/09/2016 13:35
O músico galego Fernando Tato publica un novo disco baixo o título 'Aún más animal en mi'. Un álbum que verá a luz en outubro e que será unha reedición do seu primeiro traballo discográfico. Este novo disco inclúe material extra como novos temas en directo, videoclips e mesmo un documental. Amais de músico, Fernando Tato é actor e ilustrador. A súa música é íntima e melancólica e conta con influencias de artistas como Nick Cave ou Antonio Vega. Con ela marchamos. Pero volvemos mañá con máis actualidade. Pasen unha boa tarde. Adeus!
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

21/09/2016