CRTVG

Buscar

O galego Félix Criado, na expedición para subir o K2 por primeira vez no inverno

Publicado o 23/01/2019 17:31


A expedición para subir ao K2, o único dos oito miles que queda por coroar no inverno, comezou a explorar a vía a seguir. Na expedición liderada por Álex Txikon, está o galego Félix Criado. Fixeron varios iglús para gorecerse das extremas a 5050 metros de altitude onde está o campo base. De noite superan os 30 graos baixo cero.
Criado, alpinista con gran experiencia, xa participou nunha ducia de cordadas no Himalaya e os seu compañeiros teñen ata o último día do inverno para hollar a cima do K2, unha das montañas máis difíciles do mundo cos seus 8.611 metros de altura.

 

Noticias web

23/01/2019