O galego Cándido Carrerá será o novo copiloto de Dani Sordo no WRC
Publicado o 23/07/2021 11:33

O piloto galego Cándido Carrerá será o novo copiloto de Dani Sordo no WRC. Anunciouno o propio piloto de Hyundai nun comunicado en que di que agarda acoplarse o antes posible con Cándido e poder celebrar xuntos grandes éxitos.