CRTVG

Buscar

O galego Caetano Horta, campión de Europa de remo xuvenil

Publicado o 06/10/2020 16:22

O título europeo xuvenil de Belgrado non foi unha sorpresa, senón a confirmación dun gran traballo. Caetano Horta e o seu compañeiro Pablo Moreno marcaron o mellor tempo en todas as eliminatorias ata colgaren o ouro na final.

Horta, quinto no mundial o ano pasado, representa unha das mellores apostas do remo olímpico español.

Coa disputa do Campionato de España Absoluto a fin de semana que vén, finalizará unha gran temporada, preludio de novos retos con vistas ao 2021, cun obxectivo claro: gañar uns Xogos Olímpicos.




 

Noticias web

06/10/2020