CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O galego Anxo Pérez lanza un novo método para aprender inglés

Publicado o 07/08/2015 21:46







O noso seguinte protagonista é moi novo. Pero xa fixo de todo: domina nove idiomas, ten cinco titulacións universitarias e gañou sona mundial co seu método para aprender chinés en 8 meses. Agora, o fisterrán Anxo Pérez lánzase a un novo reto co inglés.

"Ides aprender inglés en menos de oito meses. Poderedes manter perfectamente unha conversa en inglés con soltura e fluidez", comenta o mozo emprendedor fisterrán Anxo Pérez.

Coma no cento de conferencias por todo o mundo nos últimos quince meses, Anxo Pérez, subliña que o éxito da aprendizaxe está no método.

"Trátase de priorizar. Para aprender máis, o que hai que facer é aprender menos pero mellor. Pódese entender se queremos facer unha crebacacholas coa faciana dun persoeiro no centro e todo o resto en azul. Se queremos que todo o mundo chegue a saber cal é o persoeiro, non podemos comezar pondo pezas azuis, moito tempo... Hai que focalizar e comezar polo nariz do persoeiro e ir medrando. É máis efectivo", explica Anxo Pérez.

O método "Misión: España falará inglés" estrearao en 8belts.com logo do verán co reforzo de ter chegado co método anterior, para aprender chinés en oito meses, a máis de 15.000 persoas de 50 países de todo o mundo, dando traballo a máis dun cento de profesionais.

"Polo éxito de 8belts.com chamoume planeta para editar o meu libro 'Los 88 peldaños del éxito' que en 50 días se converteu no libro máis vendido de España", afirma Anxo Pérez agradecido.

15 edicións, 80.000 exemplares deste libro recabaron máis dun millón de euros que achega para unha nunha rede de orfanatos na China en solidariedade coa infancia máis desfavorcida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

07/08/2015