CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O galego Antonio Rivas triunfa desde Nova York

Publicado o 20/06/2015 14:59

O músico galego Antonio Rivas puxo o seu nome ao lado dos grandes artistas do momento ao colocar en xaneiro o seu primeiro single no máis alto das listas de Itunes. Agora dálle os últimos retoques ao seu albúm de debut no estudio en Nova York no que gravaron nomes como AC/DC ou Patti Smith.

Nada máis poñer un pe eiqui un xa se da conta onde está. Nun dos estudios de son máis prestixiosos do mundo. Traballando con Antonio está Ryan Smith, o enxeñeiro que ten no seu currículo artistas como Bon Jovi ou ACDC.

"Recordo que cando gravamos o single estivo resoando na miña cabeza uns cantos días, que para o que eu fago xa é dicir, porque escoito música diferente todos os días e moitas cousas xa as esquenzo nada máis cruzala porta, pero esta queda contigo…", di o enxeñeiro de son en Sterling Sound, Ryan Smith.

Últimos retoques para un album que sairá a venda pasado o verán e que é froito dun largo pero constante traballo, coidando cada detalle.

Nas rúas de Nova York rodouse o video do primeriro Single "Por ahí" que alcanzou o número un en Itunes o pasado mes de xaneiro. O galego puxo seu nome nesa lista ao carón de Riaha, Taylor Switf ou Maroon 5. Sempre pegado a súa guitarra percorremos as mellores tendas de Mahanttan para falar de música e de como atopar o sonido propio…

Todo o disco e o que o rodea leva o seu selo. Do segundo single sabemos que será unha continuación do primeiro así que non desbotamos ver a este músico galego rodando de novo nas rúas de Nova York.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí