CRTVG

Buscar

A Revista

O gaiteiro Anxo Lorenzo presenta o seu novo disco, "Confuxon"

Publicado o 28/04/2014 12:53

O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo ten novo disco.

Titúlase "Confuxon" e o que ven é o clip do primeiro sinxelo homónimo. O título é un xogo de palabras que homenaxea a súa terra: Con é unha praia da parroquia de Tirán coñecida polo gran penedo que hai nela e no que foron gravados os exteriores deste videoclip; e Fuxón é outro lugar desa parroquia. Con máis dun cento de concertos en varios países de Europa, Anxo Lorenzo consolidouse como outro novo gaiteiro galego con proxección internacional, seguindo os pasos de Núñez, Seivane e Budiño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

28/04/2014