CRTVG

Buscar

O futuro da sanidade pública, sostible e de calidade, a debate no XXI Congreso Nacional de Hospitais

Publicado o 08/05/2019 10:51

Carmen Pérez entrevista no Bos días a Ramón Ares, presidente do XXI Congreso Nacional de Hospitais, que por primeira vez se celebra en Galicia.

O lema central desde congreso é a 'Innovación'. Nel participan máis de 2000 profesionais da sanidade pública española, xerentes e traballadores, co obxectivo de analizar o futuro da sanidade pública para lograr que sexa sostible de calidade e adaptable á realidade cambiante da poboación.

300 relatorios e 36 mesas de debate en que, entre outros proxectos, se van analizar HERMES, un proxecto do Hospital de Lugo baseado na colaboración entre os hospitais e a Atención Primaria, e o proxecto MUR do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, sobre a medición de resultados dos obxectivos iniciais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019