CRTVG

Buscar

O "fútbol lama" pon Barcia de Mera no mapa deportivo e de ocio deste verán

Publicado o 10/08/2019 20:58

O equipamento é escaso pero, ao comezo do partido, aínda se aprecia. Aos poucos minutos, xa resulta complicado identificalo. A lama enchóupao todo, por iso, despois de cada encontro, toca lavarse no río Alén.

Os doce equipos participantes xogan durante todo o día. Veñen de Mondariz, Ponteareas, Salceda, Vigo e, por suposto, Barcia de Mera que importou a disciplina do norte de Europa hai agora unha década.

Veciñas e veciños de Barcia de Mera levan meses preparando o terreo. Hoxe comparten bancada con rostros coñecidos que colaboran coa organización.

O fútbol lama axuda a visibilizar esta parroquia de Covelo de 300 habitantes. En vinte anos perdeu o 90 por cento da poboación pero non o seu patrimonio cultural que a Asociación Terra por Terra se encarga de conservar. O obxectivo, lembrar que Barcia de Mera tamén sae no mapa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019