O fútbol feminino será profesional a partir do quince de xuño
Publicado o 01/06/2021 14:51
Así o anunciou o Consello Superior de Deportes esta mañá. Isto implica a multiplicación por dez na achega económica do Goberno.
O fútbol feminino ponse á altura en igualdade da primeira e segunda división española.
Que significa este cambio? En que mellora a profesionalización ás xogadoras do Deportivo por exemplo, o equipo galego da máxima categoría?
Pablo Pereiro, responsable do Deportivo Abanca: "É un modelo semellante ao da LFP e vai aumentar o diñeiro en circulación".