CRTVG

Buscar

O fútbol feminino reclama uns dereitos laborais dignos

Publicado o 24/10/2019 14:49

Os trámites de convocatoria de folga no fútbol feminino están en marcha. Sería na vindeira xornada, sempre que o órgano mediador reúna as partes antes desta fin de semana e non haxa acordo. 

Son futbolistas, son traballadoras. Piden: 
. Un salario mínimo de 16.000 euros brutos
. Dereito a vacacións
. Dereito a paro
. Protocolo de embarazo
. E un marco de regulación por lesión

A gran batalla da negociación son os moitos contratos parciais que hai no fútbol feminino. Elas reclaman un mínimo de 16.000 euros brutos anuais para quen cotice a tempo completo e de 12.000 para quen estea con cláusula de parcialidade. A Asociacións de clubs rexeita esta proposta. mais clubs como o Deportivo son exemplares e profesionalizan todo o equipo.

​Fútbol feminino que reclama dereitos laborais, un convenio con cuestións tan básicas como un salario digno ou un protocolo de embarazo, maternidade e lactación.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019