O furtivismo en Portugal, unha ameaza para Galicia
Esta mesma fin de semana, a Garda Nacional Republicana levou a cabo en Ovar, a unha hora ao sur do Porto, unha operación onde os axentes comisaron 280 quilos de ameixa xaponesa e berberecho e identificaron un mozo de 22 anos. Pero o operativo é moito maior. Nos últimos días, as autoridades requisaron en todo o país dúas toneladas e media de bivalvos.
O 90 por cento de todo este marisco ilegal acaba en España, a gran maioría, como imaxinan, en Galicia. Calcúlase que Portugal exporta 9.000 toneladas de produto furtivo cada ano. Esta actividade tivo un aumento importante durante a crise, e semella que non baixou en intensidade.
Dende a Universidade de Santiago de Compostela xa estudan o dano económico no sector pesqueiro galego, mentres que a Garda Civil vixía especialmente a autoestrada AP-9 na busca de transportistas ilegais.