O furacán Nora deixa un morto e un desaparecido ao seu paso por México
Publicado o 31/08/2021 08:47
O furacán Nora arrasa Puerto Vallartta, en México. Causou un morto e deixou máis de 350.000 fogares sen electricidade en tres estados da costa do Pacífico de México.
O presidente mexicano informou tamén dun ferido e un desaparecido polo paso do furacán. O desbordamento de varios ríos en Jalisco obrigou a evacuar ducias de persoas.
Nora é a decimo cuarta tormenta tropical formada no Pacífico que afecta a costa mexicana na actual temporada de furacáns.