CRTVG

Buscar

O furacán Michael golpea A Florida con vento de ata 250 km/h

Publicado o 11/10/2018 15:38

O furacán Michael deixou un rastro desolador ao seu paso pola Florida. De momento informaron da morte dunha persoa e de cuantiosos danos materiais. O furacán tocou terra con chuvia torrencial e refachos de vento de ata 250 quilómetros hora.

O furacán Michael entrou con toda a súa forza polo noroeste da Florida, onde chegou con categoría catro, nunha escala de cinco.

O furacán deixou chuvia torrencial e fortísimos refachos de vento sostidos de ata 250 quilómetros hora, provocando inundacións e cuantiosos estragos nas estradas, vivendas e negocios.Algúns residentes aseguraban que fora algo brutal.

Así o confirmou tamén o gobernador da Florida quen recoñecía que foi algo nunca visto con anterioridade. Había máis dun século que non se recordaba un furacán coa potencia de Michael e de feito as autoridades levaban días alertando a poboación de que os refachos de vento serían potencialmente catastróficos.

O presidente Trump declarou o estado de urxencia para toda A Florida, de onde marchou Michael, xa con menos forza, en direccion aos estados de Xeorxia e Alabama.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018