CRTVG

Buscar

O furacán Michael deixa sete mortos e milleiros de vivendas destruídas

Publicado o 12/10/2018 15:40

Os Estados Unidos aínda se está a recuperar do paso destrutivo furacán Michael, que deixa polo menos  sete mortos, hai medios americanos que falan de 11 vítimas. E en México prepárase para a chegada da tormenta tropical  Sergio, que tocará terra  hoxe procedente do Pacífico. 

O furacán Michael deixa polo menos sete mortos no noroeste da Florida, onde tocou terra. De categoría 4 presentouse con vento de 249 quilómetros por hora destruíndo todo o que atopou no seu camiño. A peor treboada na Florida en máis dun século.

O gobernador da Florida prometeu que contarán con máis dun milleiro de especialistas en rescate de persoas e 3.500 efectivos da Garda Nacional do estado. Máis de 400.000 vivendas e negocios quedaron sen electricidade e máis de 370.000 persoas na Florida recibiron ordes de evacuación.

E hoxe o Estado mexicano de Baixa California Sur está alerta pola tormenta tropical Serxio. Atópase a 290 quilómetros de Punta Abreojos e aproxímase a unha velocidade de 37 quilómetros por hora. Tocará terra con vento sostido de 95 quilómetros por hora e refachos de 110. No estado suspenderon a actividade escolar e hai 27 refuxios para a poboación da zona afectada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018