CRTVG

Buscar

O furacán Michael, con categoría catro, está a menos de 300 quilómetros da Florida

Publicado o 11/10/2018 08:21

Do tempo tamén están pendentes nos Estados Unidos. O furacán atlántico Michael subiu de categoría e xa esá en nivel catro dun máximo de cinco que ten a escala de clasificación.

Avanza cara ao norte a unha velocidade de 19 quilómetros por hora, polo golfo de México en dirección ao estado da Florida, con ventos sostidos de ata 210 quilómetros por hora.

O Centro Nacional de Furacáns dos Estados Unidos sitúa o ollo do furacán 275 quilómetros ao suroeste de Apalachicola e 290 quilómetros ao suroeste de Panama City, as dúas no estado da Florida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018