CRTVG

Buscar

O furacán Michael arrasa Florida deixando unha vítima mortal e refachos moi fortes

Publicado o 11/10/2018 21:42

O furacán Michael eríxese como o máis potente do último século ao seu paso pola Florida deixando unha vítima mortal.
A vítima mortal estaba dentro da súa casa cando unha árbore caeu enriba da vivenda. As imaxes da cidade son desoladoras. Os anegamentos deixan avenidas e barrios baixo a auga e os refachos de vento acadaron os 250 quilómetros por hora, arrasando con todo ao seu paso. Michael avanza cara a outros estados como Xeorxia e Alabama, pero faino con menos intensidade pasando a ser unha tormenta tropical.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018