CRTVG

Buscar

O furacán Lorenzo causa estragos nos Azores, con vento superior aos 120 km/h

Publicado o 02/10/2019 15:51

Teñen que estar atentos porque o furacán aínda non pasou de longo completamente e a alerta vermella continúa activa por vento, chuvia e axitación marítima.

O núcleo do furacán pasou a 100 quilómetros da illa máis oriental dos Azores, a illa das Flores. A partir das 3 da madrugada comezaban a notarse os primeiros efectos. Ás 6 da mañá foi cando se desatou o caos pero afortunadamente había aviso de non saír da casa nin levar os nenos á escola. Seguiron as riadas, caídas de árbores e pólas e desperfectos en vivendas. Os servizos de urxencia tiveron que desaloxar 36 persoas que pediron auxilio e atenderon un centenar de incidencias.

A estas horas hai aínda algunhas estradas cortadas e pouco a pouco as comunicacións e a electricidade restablécense despois de fallar durante horas. Lorenzo deixa os Azores con refachos de 210 quilómetros por hora.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019