CRTVG

Buscar

O furacán Laura chega reforzado aos EUA

Publicado o 26/08/2020 16:32

E tamén nos Estados Unidos, no sur, evacuaron trescentas mil persoas ante a inminente chegada do furacán Laura. Despois de deixar imaxes de devastación en Haití e na República Dominicana, a tormenta tropical Laura sitúase agora sobre Cuba e segue rumbo aos Estados Unidos, reforzándose no golfo de México e a piques de converterse xa nun grande furacán de categoría 3. Tocará terra en Luisiana e Texas, onde trescentas mil persoas tiveron que abandonar os seus fogares ante a previsión de refachos de vento extremos e inundacións pola chuvia e a subida do mar.

Na zona estanse repoñendo aínda dos danos causados hai apenas dous días polo ciclón tropical Marco. A coincidencia destes dous furacáns fai máis presente na poboación a lembranza de Katrina, que hai quince anos, un 29 de agosto, destruía Nova Orleáns.

Noticias web

26/08/2020

Máis sobre actualidade