CRTVG

Buscar

O furacán Iota avanza pola parte central de América convertido en tormenta

Publicado o 18/11/2020 15:06

Convertida en tormenta tropical, Iota segue o seu camiño polo Salvador e Guatemala. Os dous países están en alerta pola forte chuvia que acompaña o temporal.

No Salvador habilitáronse mil albergues nas zonas de alto risco e Guatemala mobilizou axuda humanitaria para os damnificados.

E mentres, no arquipélago colombiano de San Andrés, Providencia e Santa Catalina, e tamén en Nicaragua, é tempo de facer contas e reconstruír.

Nicaragua sufriu o impacto máis forte do furacán que provocou polo menos 6 mortos e 63.000 evacuados repartidos polos máis de 500 albergues habilitados en todo o país.

Na illa colombiana de Providencia a forza do furacán destruíu case a totalidade das construcións e deixou 2 mortos e 1 desaparecido. O Goberno está mobilizando recursos humanos e técnicos para socorrer os veciños da illa que quedou totalmente devastada.

Por Honduras, Iota xa pasou como tormenta tropical, pero aínda así deixou unha pegada de ruínas e unha vítima.


 

Noticias web

18/11/2020