CRTVG

Buscar

O furacán Ida perde forza en Luisiana, despois de deixar un morto e medio millón de fogares sen luz

Publicado o 30/08/2021 14:11

O furacán Ida perde forza despois de deixar un morto en Luisiana e provocar un apagamento masivo na cidade de Nova Orleáns. O presidente Joe Biden advirte de que a tormenta tropical supón unha ameaza e declara o estado de emerxencia nos estados afectados.

Ida tocou terra preto de Nova Orleáns como furacán de forza 4 sobre unha escala de 5, pero con refachos de vento de 240 quilómetros por hora que o sitúan preto do nivel máximo.

Hai 16 anos, o devastador Katrina chegou a este mesmo punto como furacán de forza 3. O impacto de Ida foi inmediato, medio millón de fogares quedaron sen luz ao tombar o vento varias liñas eléctricas e un home morreu preto de Baton Rouge, a capital da Luisiana, ao caer unha árbore sobre a súa casa. 

"Se se está refuxiado nun lugar, asegúrese de estar no lugar máis seguro posible do seu fogar, un espazo interior ". A maior preocupación agora é comprobar se os diques que protexen a cidade do lago veciño aguantarán a marusía ciclónica provocada por Ida e que coincidindo coa preamar espérase que supere os catro metros e medio sobre o nivel do mar.

En 2005 romperon e a auga asolagou Nova Orleáns causando 1.800 mortos. O presidente Biden declarou o estado de emerxencia en Luisiana e Mississippi e pediu á poboación que faga caso dos avisos. "Tomen precaucións, escoiten, é serio, realmente moi serio". A medida que penetra en terra firme, Ida vai perdendo forza, pero as autoridades insisten en que o risco persiste.

Noticias web

30/08/2021