CRTVG

Buscar

O furacán Dorian vai cara ao Canadá tras deixar destrución e morte nas Bahamas e danos nos EUA

Publicado o 07/09/2019 14:02

Dorian reduciu a cascallos as casas e destruíu o medio de vida de máis de 70.000 persoas nas Bahamas.
Ata agora as autoridades deron conta de 43 mortos pero admiten que a cifra vai ser moito maior. Falan de centos, quizais milleiros, de desaparecidos.

Esta muller di que non ten noticias do seu fillo máis novo nin do maior e que publicou as súas fotografías nos medios.

Este mozo conta que perdeu todo, casa, coche, roupa, pero que dá grazas de estar vivo porque hai moitos mortos e desaparecidos.

A capital do arquipélago acolle centos de evacuados das illas contra as que o furacán bateu de cheo durante día e medio, as Ábaco e Gran Bahama.

O voceiro dun dos refuxios de Nassau explica que teñen xa preto de 300 persoas pero que veñen de camiño máis e que en cuestión de horas contan con duplicar o número.

O Dorian tocou xa máis debilitado as costas de Carolina do Norte e Carolina do Sur, nos Estados Unidos. Ocasionou danos en vivendas, inundacións e cortes de luz, pero non hai constancia de vítimas mortais. Agora vai cara a Nova Escocia, no Canadá, onde se espera que chegue pola tarde con ventos furacanados.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019