CRTVG

Buscar

O furacán Dorian chega ás Bahamas, onde advirten do seu risco mortal e condicións devastadoras

Publicado o 01/09/2019 20:46

O Dorian chega ás Bahamas convertido no furacán máis forte que azoutou o arquipélago, tras subir nas últimas horas á categoría cinco, a máxima na escala Saffir-Simpson.

Os meteorólogos anuncian condicións devastadoras e falan de risco mortal, en especial sobre as illas Ábaco e en Gran Bahama, nas que vaticinan que poida estar ata 36 horas.

Con ventos de 285 quilómetros por hora, prevese que eleve os niveis do mar sete metros e que golpee a costa con ondas grandes e destrutivas. Tamén se esperan inundacións pola chuvia.

O martes Dorian podería estar sobre a costa sueste dos Estados Unidos, que se prognostica que percorra perdendo paulatinamente algo de forza.

Trump subliñaba que probablemente sexa un dos peores furacáns.

Aínda que parece afastarse o risco de que bata de cheo contra a Florida, ordenouse a evacuación de 215.000 persoas. As dúas Carolinas e doce condados de Georgia tamén declararon o estado de urxencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019