CRTVG

Buscar

O furacán Dorian ameaza as Bahamas e a Florida con ventos de máis de 200 km/h

Publicado o 31/08/2019 12:52
O furacán Dorian prosegue o seu avance polo Atlántico, fortalecido ata a categoría 4, sobre un máximo de 5, na escala Saffir-Simpson. Cualificado de extremadamente perigoso, con ventos máximos de 215 quilómetros por hora, supón unha ameaza significativa para o norte das Bahamas, onde se espera que azoute durante a fin de semana, e o leste da Florida, que prevé telo enriba o luns, e a onde corresponden estas imaxes de aprovisionamento.
 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí