CRTVG

Buscar

O furacán Dorian achégase ás Bahamas con ventos de 240 quilómetros por hora, precipitacións intensas e unha marexada ciclónica

Publicado o 01/09/2019 14:35

O goberno das Bahamas urxiu a poboación a trasladarse a áreas seguras ante a chegada inminente do furacán Dorian. O primeiro ministro do arquipélago recorreu á súplica tras saber que decenas de residentes nos caios das illas Ábaco e Gran Bahama, onde se prevé que o Dorian golpee con máis virulencia, continuaban nas súas casas.
Das Bahamas estímase que irá cara a Georgia e as Carolinas, en principio evitando o impacto directo coa Florida.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019