O furacán Barry perde forza ao tocar terra en Luisiana
Publicado o 14/07/2019 15:16
Nos Estados Unidos tamén estaban moi pendente da chegada do furacán Barry. Nas últimas horas debilitouse xusto cando tocou terra en Luisiana. Persiste, iso si, o perigo de inundacións. Milleiros de habitantes da costa foron evacuados da faixa costeira e o presidente Donald Trump declarou o estado de Emerxencia.