CRTVG

Buscar

O fundador da Sociedade Española de Microbioloxía di que España reaccionou tarde á Covid-19

Publicado o 09/06/2020 13:32

O fundador da Sociedade Española de Microbioloxía Clínica avaliou no Congreso dos Deputados a resposta española á Covid. Emilio Bouza, dixo que España chegou tarde e que se equivocou ao non escoitar as advertencias que chegaban de Italia: "Os nosos ex-residentes que traballaban en Italia chamábannos a finais de febreiro e dicíannos isto é horrible, morren como chinches".

"Desde que o virus apareceu en Italia, xa con evidencia de transmisión de persoa a persoa, na miña opinión, perdemos un tempo precioso, non inferior a dez días, en reaccionar adecuadamente en España".



 

Noticias web

09/06/2020