CRTVG

Buscar

O Fuenlabrada pide xogar xa contra o Dépor: di que conta cun mínimo de 7 profesionais sans

Publicado o 29/07/2020 16:08

Ese desexo de Chico Flores xa está na mesa da Liga e da Federación. O Fuenlabrada quere xogar ante o Deportivo. Considera que están en condicións de facelo, que o gromo xa remitiu por que levan unha semanas sen novos casos. E o máis importante, que contan con máis de sete xogadores profesionais dispoñibles, tal e como esixe a normativa. A petición formal do Fuenlabrada a partir desde domingo xa está nas máximas instancias de fútbol español.

Noticias web

29/07/2020