CRTVG

Buscar

O Fuciño do Porco, no Vicedo, zigzagueando entre cantís

Publicado o 08/08/2019 16:51

Preséntaselles aos mariñeiros coa imaxe dun fociño de porco. De aí vén o seu nome. Un pequeno saínte costeiro entre os areais de Abrela e San Román, no concello do Vicedo.

1,3 km de percorrido a pé zigzagueando entre cantís polas pasarelas de madeira que perfilan o extremo máis occidental da ría de Viveiro. Unha ruta que comeza na parroquia de San Román co vento soprando forte.

Punta Socastro, lugar natural que se adentra no mar como observadora privilexiada da paisaxe deste lado do Cantábrico.


 

Noticias web

08/08/2019