CRTVG

Buscar

O frisón, protagonista en Gandgro

Publicado o 22/02/2019 17:43


A frisoa, a vaca leiteira por excelencia, é a protagonista en Gandagro. Mañá decidirase cal é a mellor de Galicia e da Península. Mentres, hoxe, a canteira das granxas compite polo trofeo internacional ao mellor manexador e preparador de gando. Sesión de beleza e desfile para que as xatas amosen todo o seu potencial na pista.

En Silleda tamén poden atopar todo tipo de equipamentos para as granxas. Acabouse o de cargar o carro mesturador e arrimar o silo. Este robot de alimentación automático encárgase de todo, aforrando tempo e comida nas ganderías. Motivos que o fixeron gañador do concurso de innovación tecnolóxica.

Despois de visitar o gando, non esquezan pasar por CIMAG, alí atoparán o último en maquinaria forraxeira. Tractores, colleitadoras ou abonadoras agardan a visita dos profesionais do agro ata o sábado pola tarde.


 

Noticias web

22/02/2019