O frío e o sol despiden a borrasca Karim
Publicado o 22/02/2021 17:57
Frío e sol serviron para despedir a borrasca Karim. Remitiu este domingo e estes días espérase unha mellora das condicións atmosféricas con mediodías solleiros e temperaturas agradables.
O martes agárdase unha situación semellante á deste luns, pero cunha maior presenza de nubes, que se incrementará ao longo da xornada. As temperaturas continuarán en aumento, cunha máxima de 19 graos e unha mínima de 7.
E o mércores acabouse o que se daba. Unha fronte atravesará Galicia e deixará ceos moi nubrados, con precipitacións, que comezarán polo oeste do país e se irán estendendo ao resto do territorio durante o día.