CRTVG

Buscar

O frío dispara a venda de estufas

Publicado o 08/01/2021 14:57

En moitas tendas de electrodomésticos o máis demandado hoxe eran radiadores e estufas. O que ten maior demanda son os radiadores eléctricos, aínda que este ano repuntaron as estufas de butano.

Dende as tendas falan dun incremento de vendas de entre un 20 e un 40 por cento con respecto ao ano pasado, que non foi nada bo.

Unha situación que fixo que se incrementara tamén a venda de consumibles como butano, gasóleo ou leña.

Noticias web

08/01/2021