CRTVG

Buscar

O frío conxela a baía chinesa e deixa centos de barcos atrapados no xeo

Publicado o 14/02/2019 20:30

Mentres aquí gozamos dunha temperatura case primaveral, no outro lado do mundo, na China, os pescadores loitan cun mar sobre o que frota unha espesa capa de xeo. Centos de barcos quedaron varados e a pesca, suspendida. As temperaturas na zona, unha baía situada ao nordeste do país, acadaron os 50º baixo cero e conxelaron máis do 50 % da súa superficie. Ao parecer, é un fenómeno que se repite cada ano, pouco antes do inicio da primavera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019