CRTVG

Buscar

O frío chegou con forza e os termómetros marcaron rexistros negativos en zonas do interior

Publicado o 04/12/2019 14:41

É a imaxe do frío. Concellos coma o de Verín, amencían hoxe tinguidos de branco. Unha capa de xeo cubría leiras, tellados, coches...

Un frío que este outono tardou en chegar, pero que hoxe deixouse notar con forza. Menos catro graos houbo en Verín, Viana e Calvos de Randín. Menos cinco en Vilalba e Castro de Rei e ata case menos 6 graos chegaron en Bóveda.

Hoxe no canto de paraugas había que botar man da roupa de abrigo para saír á rúa. Ante a falta de luvas, mellor as mans nos petos.

Cada cousa no seu tempo, e estamos en tempo de xeadas. O sol loce dende primeira hora intentado facerlle fronte. Os termómetros subirán os dez graos pero non se confíen porque pola noite volverá ir frío.

Noticias web

04/12/2019