CRTVG

Buscar

O Frigoríficos empata co Granollers

Publicado o 06/12/2018 17:56

Intenso foi o partido no Gatañal, onde o Cangas Frigoríficos do Morrazo rompeu coa dinámica da derrota. O equipo galego empatou a 26 co Granollers nun partido onde destacou un inspiradísimo Javier Díaz na porta do Cangas e onde se notou a presenza do último reforzo, Boisedu, o francés foi o autor de 4 goles.

O Cangas segue último, pero a un punto do Alcobendas e a dous do Teucro. O sábado e ofrecido pola tvG2 o duelo galego de Asobal entre o Condes de Alberei Teucro e o Cangas Frigorificos do Morrazo.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018