O Frigoríficos do Morrazo renova a David Iglesias, peza clave na permanencia
Publicado o 04/06/2021 19:08

O Frigoríficos do Morrazo logrou renovar un dos xogadores máis importantes do equipo. O galego David Iglesias continuará unha temporada máis xogando no Gatañal. Marcou neste curso 129 goles. Foi unha peza clave para a permanencia do Balonmán Frigoríficos do Morrazo na Liga Asobal, único club galego que competirá na máxima categoría