CRTVG

Buscar

O Frigoríficos do Morrazo gaña tras doce xornadas e abandona o último posto

Publicado o 07/12/2019 19:29

O berro de Menduiña é un grito de liberación, dun triunfo que remata cunha serie de doce xornadas sen gañar. Menduiña: "Facíanos moita falta. Eran moitos partidos chegando ao final igualados e sempre se decantaba a prol do outro equipo".

Con nove goles Menduiña foi o principal estilete dos de Cangas diante dun rival directo como o Huesca. Un triunfo de moito mérito, sen o expulsado Vujovic por esta falta, e con algunha decisión arbitral polémica como a concesión dun gol que non chegou a entrar e que afortunadamente quedará nunha anécdota. Javi Díaz: "Está todo en 3 ou 4 puntos, todo moi igualado. Se perdesemos quedabamos un pouco descolgados pero así volvemos a meternos na pelexa".

Xa chove menos en Cangas. 23-19. A unha xornada para rematar a primeira volta o equipo abandona a última posición.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019