CRTVG

Buscar

O Frigoríficos derrota o Guadalaxara e ve moi preto a permanencia

Publicado o 22/05/2021 21:39

E a noticia positiva da tarde foi a salvación virtual do Frigoríficos do Morrazo, que derrotou no Gatañal o Guadalaxara. Este gol de Rubén Soliño cando quedaban quince segundos, fixo inútil o último de Artur e asegurou o triunfo por 28 a 27. O Cangas puntuou en catro dos últimos cinco encontros, e avantaxa en tres puntos o Guadalaxara, ao que lle quedan dous partidos. O último dos galegos é contra o Barcelona.

Noticias web

22/05/2021