CRTVG

Buscar

O Frigoríficos comeza a segunda volta perdendo en Granollers (31-23)

Publicado o 08/02/2020 10:19

O Frigoríficos do Morrazo perdeu na pista do Granollers na primeira xornada da segunda volta (31-23) e segue sen sacar bos resultados como visitante. O equipo de Cangas pagou o seu mal comezo de partido no que os cataláns chegaron a manexar vantaxes de oito e nove goles (8-2 e 14-5). Os galegos foron recuperándose pouco a pouco. Ao descanso o marcador reflictía un 17-10 e nun gran comezo de segundo tempo conseguiu meterse de cheo no partido. O 20-18 ós dez minutos da segunda metade foi o máis preto que conseguiu poñerse do Granollers. O que veu a continuación resultou letal. Tanto remar para recibir un parcial de 4-0 e volver a quedarse xa definitivamente sen opcións de sacar algo positivo. 

GRANOLLERS 31: Marc Guardia, Edgar Pérez 3, Borja Lancina, Marc García 1, Pol Valera, Alejandro Márquez, Adrián Figueras 6, Drasko Nenadic 7, Adriá Martínez 1, Mamadou Gassama 2, Pol Sastre 1, Oswaldo dos Santos 6, Ian Tarrafeta 1, Sergi Franco 2, Nicolas Bonanno 1

FRIGORÍFICOS MORRAZO 23: Javi Díaz, Vujovic, Simes 1, Brais González, Rubén Soliño, Quintas 6, David Iglesias, Ribeiro 3, Dani Cerqueira 2, Vilanova 1, Menduiña 2, Muratovic 4, Mitic 3, Kuran 1, Pablo Castro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2020