CRTVG

Buscar

O freo á covid-19 apóiase no esforzo dos profesionais sanitarios

Publicado o 23/10/2021 20:00

A luz nesta pandemia comezou a verse da man da ciencia e dos avances na vacinación, que arrancaba en decembro nas residencias de maiores e tomaba impulso en marzo coa creación de sete puntos de vacinación masiva, un deles na Cidade da Cultura.

Organizar estes dispositivos implicou o traballo coordinado de moitos. "Supuxo moitas reunións, moito tempo. As axudas tivémolas todas. Tanto Protección Civil coma a Cruz Vermella aceptaron no primeiro momento. Enfermería lideraba pero aí estaban técnicos de coidado de enfermería, informáticos", explica a xefa de enfermería da área sanitaria de Santiago-Barbanza.

Victoria Carral agradece a colaboración das empresas que facilitaron a montaxe inmediata dos centros, e congratúlase tamén da resposta da cidadanía. "Desde logo non podemos dicir nada da poboación galega porque se implicou ao máximo", subliña.

O esforzo do persoal despregado nos dispositivos de vacinación na comunidade foi recoñecido coa Medalla de Galicia deste ano.
 

Noticias web

23/10/2021