CRTVG

Buscar

O forte vento do temporal Hortensia arranca a cuberta dun edificio de Madrid

Publicado o 22/01/2021 14:42
O forte vento do temporal Hortensia arranca a cuberta dun edificio de Madrid

Os bombeiros de Madrid engancharon sen descanso os traballos que realizaron debido ás nevadas de Filomena cos do temporal Hortensia. Desde esta noite, realizaron 158 intervencións por avisos relacionados co vento, aínda que ningunha foi de carácter grave.

A actuación máis destacada foi esta, en Vallecas, onde caeu un dos faldróns da cuberta lixeira dun edificio, en parte sobre a vía pública. O incidente non causou danos persoais e non tivo que ser desaloxado ningún veciño do edificio afectado.

Noticias web

22/01/2021