CRTVG

Buscar

O foro de intelixencia artificial 'EnMente' ensínanos a estar presentes nas nosas vidas

Publicado o 30/09/2017 15:04

Diversos profesionais da área da intelixencia emocional están traballando hoxe en Santiago as ferramentas e as estratexias para mellorar profesional e persoalmente. No Foro "En Mente", a través unha serie de charlas e obradoiros de traballo, os participantes profundizan na xestión das emocións como arma de mellora das nosas habilidades.

Susana Mosquera, que é psicóloga, fai que os seus alumnos poñan todos os sentidos en comer unha uva pasa. Degustar o doce da froita, ata escoitar o triscar que fai na boca, debe ser o único que importa porque ese momento é a única realidade dos presentes. A intelixencia emocional edúcanos para estar presentes nas nosas vidas.

Neste segundo encontro de intelixencia emocional, o "EnMente", falouse de como evitar a frustración, algo así como a aplicación da medicina preventiva, e tamén se falou de como curarnos unha vez ben frustrados. Esta é a segunda edición do Foro "EnMente",  o irmán máis novo do prestixioso foro "emociona". Como na edición do 2016 o alumnado compoñíano profesionais da psicoloxía e da educación da USC pero tamén expertos en coidados a maiores e enfermos, unha vivencia das máis duras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2017