O Foro Económico prevé que Galicia estea entre as comunidades con menor descenso do PIB en 2020, un 9 %
Publicado o 14/01/2021 14:38
O último informe do Foro Económico de Galicia, o do terceiro trimestre de 2020, reflicte un mellor comportamento da economía galega con respecto ao conxunto do Estado. Aquí o PIB caeu un 6,2 % fronte ao 9 % da media estatal. Unha tendecia que, agardan, se manteña nos resultados definitivos do ano 2020.
O director do Foro Económico de Galicia, Santiago Laya explica que "pensamos que no conxunto do ano Galicia vai rematar cun menos nove ou mesmo algo mellor, fronte a unha España que vai rematar nun menos once. Estaremos entre as tres ou catro comunidades con mellores rexistros no ano 20".
Máis sobre actualidade
21/01/2021 12:55