O Foro Económico de Galicia pide inversión na investigación e políticas de retorno
Publicado o 02/12/2020 15:32
Outro grave problema dunha sociedade é a fuga do seu talento novo. E para evitala o Foro Económico de Galicia reclama máis investigación e políticas de retorno. Hoxe presentaron un estudo en que aseguran que o problema aquí non é tan grave como noutras comunidades. Con todo, inciden no custo económico que supón para o noso país a fuga dos mellores talentos universitarios.